O concello de Nigrán abre o día 5 a inscrición para unha excursión á Illa de Ons e Sálvora o 20 de agosto

adminON
Lectura mínima de 1

A saída será desde o porto de Panxón e a comida en Casa Acuña (Ons), tendo todo un custe de 47 €/persoa

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, ofrece o mércores 20 de agosto unha excursión á illa de Ons e Sálvora con saída desde o Porto de Panxón e dirixida a veciñanza maior de idade. O custe é de 47 €/persoa, cartos que se deberán abonar no momento da inscrición o martes 5 de agosto de 9:00 a 12:00 horas no salón de plenos do Concello de Nigrán. As prazas dependerán de cantas autorice á Xunta ese día a Piratas de Navia e, en calquera caso, serán distribuídas por rigorosa orde, tendo prioridade os empadroados no municipio e debendo presentarse o día da excursón ás 9:00 horas no peirao pesqueiro para saír ás 9:30 horas.

A visita a ambos arquipélagos pertencentes ao Parque Nacional Illas Atlánticas será guiada e a comida realizarase en Casa Acuña (Ons), sendo o menú empanada de polvo, guiso de luras, sobremesa, café e bebidas.

Comparte este artigo