O concello de Nigrán abre o entroido cun concerto este sábado ds acordeonistas José Manuel Castelló e Jaime Vilas e ‘Os alegres do Val Miñor’

adminON
Lectura mínima de 2

Terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 19:00 horas e haberá orellas de carnaval para degustar os asistentes

O Concello de Nigrán abre este sábado 3 de febreiro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal a programación do entroido cos concertos dos acordeonistas José Manuel Castelló e Jaime Vilas e, a continuación, o do grupo de música tradicional ‘Os alegres do Val Miñor’. A entrada é de balde ata completar aforo e haberá unha degustación de orellas de carnaval para todos os asistentes.

A programación continúa o sábado, día 10, co concurso infantil de disfraces a partir das 17:30 horas tamén no Auditorio Municipal sen necesidade de inscrición previa e no mesmo lugar, o martes 13, celebrarase o baile de carnaval con orellas para os participantes a partir das 19:00 horas. A continuación, o venres 16, Nigrán vivirá o seu día grande do entroido co concurso de comparsas que arrancará ás 20:30 co pasarrúas da batucada de ‘Bate no cobre’ desde Telleira ao cruce con Ceán seguido polas diferentes formacións participantes (as asociacións interesadas teñen ata o 9 de febreiro inclusive para inscribirse). Como é costume, o entroido nigranés o pechará o tradicional enterro do kiko o sábado 24 co boneco sendo tirado por unha parella de bois desde a Praza do Concello (18:00 horas) ata o torreiro de Parada, onde se lle realizará o velorio coa misa previa á incineración.

Comparte este artigo