O concello de Nigrán abre o martes a inscrición para unha excursión ao Pazo Mariñán, Sada e Betanzos o 20 de abril

adminON
Lectura mínima de 1

Está dirixida a todos os públicos (empadroados en Nigrán) e o custe é de 20 € por persoa que inclúen transporte, almorzo en restaurante, guía-acompañante, seguro e entrada ao pazo

O Concello de Nigrán ofrece unha excursión o sábado 20 de abril á provincia de A Coruña para coñecer o Pazo de Mariñán, Sada e Betanzos. Está dirixida á veciñanza empadroada no municipio, cun custe de 20 euros por persoa que inclúe transporte, xantar en restaurante, guía-acompañante, seguro e entrada ao pazo. A inscrición é o martes 16 de abril, de 9:00 a 14:00 horas, na Oficina de Turismo de Nigrán (Gaifar) e as prazas distribuiranse por rigorosa orde de solicitude (máximo dúas por solicitante). O pazo de Mariñán é un pazo do século XVIII, que se atopa no lugar de Mariñán, no municipio coruñés de Bergondo (Galicia, España) e foi declarado conxunto histórico-artístico en 1972.

Comparte este artigo