HomeVigoNigránO concello de Nigrán abre o mércores a inscrición para unha excursión...

O concello de Nigrán abre o mércores a inscrición para unha excursión o 23 de novembro ao norte de Coruña

- Anuncio -spot_img

Inclúe visita aos acantilados de Herbeira, San Andrés de Teixido, Valdoviño e Redes. Está limitada a 60 prazas e os asistentes deberán pagar 25 euros no propios restaurante.

O Concello de Nigrán abre este mércores 12 de novembro a inscrición para participar o domingo 23 de novembro nunha excursión polo norte da provincia de A Coruña. Esta será durante toda a xornada (saída desde o Concello ás 8:00 horas) e inclúe visita aos acantilados de Vixía Herbeira, a romaría de San Andrés de Teixido, á praia e lagoa de Valdoviño e ao pobo de Redes (en Ares), estando limitada a 60 prazas e cun custe de 25 euros que os asistentes deberán pagar no propio restaurante Brisas de Valdoviño (o menú consta de empanada, pescada, tenreira, xeado, bebidas e café).

As persoas interesadas poden inscribirse o mércores 12 de novembro presencialmente na Oficina de Información Cidadá do Concello a partir das 9:00 horas ou telefónicamente (986365000). Esta excursión está aberta para toda a cidadanía independentemente da idade, sendo posible que unha persoa empadroada en Nigrán inscriba como acompañante a outra que non o estea (en todo caso, só se poden inscribir a dúas persoas por quenda). As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

Publicacións Relacionadas