Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán acende as luces de Nadal entre as risas de...

O Concello de Nigrán acende as luces de Nadal entre as risas de clown Peter Punk e panxoliñas de Cherry Sweet

- Anuncio -

As crianzas da ‘Xeración Xa!’ premeron o botón en recoñecemento ao seu traballo para conquerir o selo de ‘Ciudad Amiga de la Infancia’ por parte de Unicef


O Concello de Nigrán deu á benvida oficial ao Nadal este sábado co acendido das luces nunha tarde festiva que contou coa xa tradicional actuación do clown Peter Punk e o concerto posterior de Cherry Sweet. Nesta ocasión o acto estivo protagonizado polos nenos e nenas de ‘Xeración xa!’, o grupo de participación do infantil e xuvenil do Concello, en recoñecemento ao seu esforzo por ter axudado a conquerir para o municipio o título de ‘Ciudad Amiga de la Infancia’ por parte de Unicef. A continuación, o alcalde, Juan González, deu paso as tres voces femininas de Chery Sweet, que puxeron a banda sonora con famosas panxoliñas internacionais.

O Concello de Nigrán destinou este ano 83.429,50 € á iluminación de Nadal para que chegase a todas as parroquias. Pola súa banda, a programación cultural presentarase a vindeira semana e terá como arranque oficial o xa tradicional mercado de invernal de artesanía local ‘Bule, Bule’ o 13, 14 e 15 de decembro na Praza do Concello.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas