Está organizado polo ‘Grupo Scout 220’ de Vigo e terá lugar no CPI Arquitecto Palacios con preto de 200 participantes
O Concello de Nigrán acolle esta fin de semana o séptimo encontro do ‘Grupo Scout 220’ de Vigo con preto de 200 participantes de cinco asociacions de toda Galicia. O evento, que terá lugar no CPI Arquitecto Palacios, ten como obxectivo principal fomentar a convivencia, a unión e o intercambio de experiencias entre os diferentes grupos scouts galegos. Ás 13.00 horas do sábado celebrarase o acto inaugural, ao asistirá o alcalde, Juan González, e o director do colexio, Antonio García. Tras a comida, os participantes desprazaranse a Vigo, onde desenvolverán un xogo dinámico por distintos puntos do centro da cidade, xa pola noite, de regreso a Nigrán, terá lugar unha velada de campamento con temática cinematográfica baixo o título ‘Un encontro de cine’. O domingo estará dedicado a actividades formativas e lúdicas, incluíndo talleres de cociña solar, primeiros auxilios, xogos e actividades na praia. O encontro finalizará ás 13.00 horas co acto de clausura.
Este pretende fortalecer os valores do escultismo, promover o traballo en equipo e estreitar lazos entre mocidade de toda Galicia nunha contorna educativa e de convivencia.

