Será ás 11:00 horas na instalación ubicada ao carón da Estrada pola Vía (PO-325) en Prado
O Concello de Nigrán acolle mañá martes 7 de Xuño a súa derradeira charla charla explicativa sobre o correcto uso dos parques biosaudabes, dirixida a toda aquela persoa interesada en practicar exercicio ben. Esta terá lugar ás 11:00 horas na instalación ao carón da Estrada pola Vía (PO-325) en Prado.
O Concello de Nigrán, xunto ao de Baiona e Gondomar, participa nun proxecto pioneiro de fomento do uso correcto dos parques biosaudables, idea que foi desenvolvida desde a Unidade de Fiosioterapia de Atención Primaria do Centro de Saúde do Val Miñor. O obxectivo é mellorar o nivel de saúde da comunidade, fomentando o exercicio físico de forma segura (na web www.nigran.es pódense descargar folletos explicativos).