O concello de Nigrán acolle o 26 e 27 de decembro un congreso de adestrador protagonizado por nomes de relevancia internacional

adminON
Lectura mínima de 5

Está organizado pola ED Val Minor-Nigrán, Concello e Femxa coa colaboración da RFGF e conta, entre outros, coa participación de Jonathan Giráldez (actual campión de Europa con el Barça feminino e subcampión de EEUU co W. Spirit), Eduardo Dominguez (Preparador físico da selección de Marrocos), David Areal (analista do R.C. Celta), Óscar Gilsanz (adestrador RC Deportivo), Iago Iglesias (adestrador do Pontevedra C.F.), Félix Cao (prepárador físico do Betis)…

Cun formato moi novidoso, está dirixido a técnicos profesionais e afeccionados e terá lugar no Auditorio Municipal de Nigrán, estando o prazo de inscrición aberto a través da web www.edvmnigran.com

É unha honra para Nigrán ter un clube tan recoñecido como a ED Val Miñor e que consiga reunir a representantes das mellores canteiras de España para compartir experiencias e formación ”, valora o alcalde

Xurdíu coa idea de formar aos nosos adestradores e pareceunos convinte extendelo aos demais clubes interesados”, sinala José Tizón entredador da ED Val Minor e organizador do evento

A elite dos técnicos galegos de fútbol na comunidade ou desprazados en España e internacionalmente daranse cita este Nadal no ‘I Congreso de fútbol FEMXA-Concello de Nigrán’ organizado pola E.D.Val Miñor-Nigrán coa colaboración da Real Federación Galega de Fútbol. O evento terá lugar o 26 e 27 de decembro no Auditorio Municipal de Nigrán e entre os poñentes destacan nomes como o do adestrador nigranés Jonathan Giráldez (actual campión de Europa con Barça feminino e subcampión de EEUU co W. Spirit), Eduardo Dominguez (preparador físico da selección de Marrocos, cuarta no último Mundial), David Areal (analista do primeiro equipo do R.C. Celta), Óscar Gilsanz (primeiro adestrador do R.C. Deportivo), Iago Iglesias (primeiro adestrador do Pontevedra), Félix Cao (preparador físico do R. Betis)… A eles súmanse outros representantes galegos que traballan nas mellores canteiras nacionais e internacionais, como o Olimpic de Marsella, Atletic de Bilbao, Madrid Club de Fútbol Femenino ou o catalán Pol Planas, adestrador nas categorías inferiores do R.C.Barcelona, ou leonés Carlos H.García Bayón, ex director de canteira do R.C.Celta e agora en Arabia Saudí.

A preocupación por formar adestradores de calidade levou a este clube nigranés de referencia no fútbol base nacional a organizar este congreso, moi novidoso por estar precisamente dirixido aos técnicos destas categorías, sexan ou non profesionais, polo que a inscrición esta aberta a través da web www.edvmnigran.com ata que se complete o aforo.

“É unha honra para Nigrán ter un clube tan recoñecido como a ED Val Miñor e que consiga reunir a representantes das mellores canteiras de España para compartir experiencias e formación ”, valorou o alcalde, Juan González, sobre esta entidade deportiva fundada no ano 1996 e integrada actualmente por máis de 500 xogadores repartidos en 31 equipos desde infantil a xuvenil e da que teñen xurdido figuras como os irmáns Thiago e Rafa Alcántara, Rodrigo Machado, Santi Comesaña ou Pedro Fernández e Pedro Villar brillando actualmente en xuveniles do F.C. Barcelona.

“Xurdiu coa idea de formar aos nosos propios adestradores e pareceunos convinte extendelo aos demais clubes interesados porque ao fin é algo que redunda en beneficio de todos”, sinalou José Tizón, un dos 40 adestradores cos que conta a ED Val Minor e organizador do evento, na presentación esta mañá no Campo Municipal de Condomínguez, a súa ‘casa’. A ‘filosofía’ do congreso, inciden, “é falar de cuestións técnicas e prácticas, aplicadas ao día a día”, polo que resulta de especial interese para calquera persoa que traballe neste eido. “La formación de nuestros entrenadores y seguir contando con los mejores es nuestra principal prioridad”, ratificou Juan Díaz, presidente da EDVM, quen ademáis agradeceu expresamente o apoio de FEMXA, Concello de Nigrán e outros colaboradores.

“En Femxa estamos comprometidos co desenvolvemento e formación continua, tanto no ámbito profesional como deportivo. Patrocinar este congreso é unha oportunidade única para apoiar a calidade e o crecemento do fútbol base en Galicia e máis aló. É un orgullo colaborar cunha entidade como a ED Val Miñor, que comparte a nosa visión de apostar polo talento e a excelencia na formación de adestradores, fundamentais para o futuro deste deporte”, indicou Patricia García, presidenta institucional de Femxa.

O programa completo das xornadas pódese consultar en https://www.edvmnigran.com/ e para calquera dúbida ou información a maiores está o mail info@edvmnigran.com ou no 627505513.

Comparte este artigo