O concello de Nigrán adía a observación astronómica deste sábado ante a previsión de ceos cubertos

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Nigrán adía finalmente a observación astronómica prevista para este sábado 27 de setembro ás 21:15 horas ante a previsión de ceos cubertos. A nova data será anunciada proximamente. A actividade forma parte das diferentes sesións da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste na busca da certificación de Destino Starlight

Galicia Suroeste está a traballar para certificarse como destino Starlight, seguindo a folla de ruta establecida no seu Plan Estratéxico e no Plan de Sustentabilidade Turístico en Destino, un distintivo que agarda obter este mesmo ano.

Comparte este artigo