Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán adica todos os venres de novembro á conmemoración...

O concello de Nigrán adica todos os venres de novembro á conmemoración do 75 aniversario da Editorial Galaxia

0
2

Arranca estecoa proxección dun documental e a inauguración dunha exposición. Todas as xornadas terán lugar nos cines do Centro Comercial A Ramallosa ás 19:30 horas

O día 14 estará adicado a Otero Pedrayo, o 21 a Francisco Fernández del Riego e o 28 a Carlos Casares (estes dous últimos autores afincados no municipio son os protagonistas da mostra ao respecto)

“Nigrán foi o lugar elixido para vivir por parte dalgúns dos seus membros máis destacados, por iso queríamos render homenaxe a unha editorial que é símbolo vivo da nosa cultura”, explica o alcalde, Juan González.

O Concello de Nigrán celebrará ao longo do mes de Novembro os 75 anos da Editorial Galaxia, e o fará con xornadas todos os venres nos Cines Municipáis do Centro Comercial A Ramallosa. A primeira, este mesmo día 7, arrancará ás 19:30 horas coa inauguración das exposicións ‘Unha idea de Galicia e de liberdade. Francisco Fernández del Riego’ e ‘As caras dos libros de Carlos Casares’ (poderanse visitar ate o día 30 de 17:00 a 21:00 horas). Ademais, proxectarase o audiovisual ‘Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia’, presentado por Juan González, alcalde de Nigrán; Xosé Manuel Soutullo, director da editorial, e Carlos Méixome, coordinador do evento.

O Concello de Nigrán quere ser protagonista das conmemoracións por todo o que Editorial Galaxia significa para Galicia e polo seu especial vínculo co municipio. “Nigrán foi o lugar elixido para vivir por parte dalgúns dos seus membros máis destacados, por iso queríamos render homenaxe a unha editorial que é símbolo vivo da nosa cultura”, xustifica o rexedor en referencia a quen fora o seu director, Carlos Casares, á escritora Xohana Torres, e por suposto, con especial relevancia Francisco Fernández del Riego, o gran traballador desta empresa e quen doou parte da súa biblioteca a Nigrán, sen esquecer que hai máis autores vinculados ao municipio e á editorial.

O seguinte venres, 14 de novembro, a palestra estará adicada a Ramón Otero Pedrayo, sendo presentada pola profesora e invesigadora Patricia Arias Chachero. O día a figura de 21 Francisco Fernández del Riego será a protagonista da man do escritor e editor Antón Mascato. Finalmente, o venres 28 rematará con Carlos Casares de mans do director da Editorial Galaxia, Xosé Manuel Soutullo. Todas as xornadas serán ás 19:30 horas e o parking municipal permanecerá aberto ata as 22:30 horas.

Galaxia foi fundada en 1955, nos Salóns do Hotel Compostela de Santiago, por un grupo de galeguistas que conformaban o chamado “exilio interior” (Fernández del Riego, Ramón Piñeiro, Ramón Otero Pedrayo, irmáns Álvarez Blázquez, Álvaro Gil, Antonio Fernández, irmáns Isla Couto, Manuel Gómez Román) que se organizaron para manter acesa a luz da cultura galega nos anos escuros do franquismo. Actualmente é a mais destacada empresa cultural de cantas iniciativas privadas actúan no noso país, revestindo os seus beneficios nas diferentes liñas de actuación que emprendeu historicamente e que mantén na actualidade ou foi desenvolvendo ao longo dos seus tres cuartos de século andado: obras de lingua e literatura, ensaio, historia, xeografía, infantís, sociedade, economía, música, Revista de Economía de Galicia ou a revista Grial… e mesmo dando soporte a Fundacións nas que forma parte dos seus Padroados: Penzol, Otero Pedrayo, Isla Couto…