Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán adquire chalecos reflectantes co lema ‘Eu Camiño Seguro’...

O Concello de Nigrán adquire chalecos reflectantes co lema ‘Eu Camiño Seguro’ para repartir entre a veciñanza

- Anuncio -

O obxectivo é reforzar a seguridade viaria do peón, pensando especialmente en aqueles que realizan paseos deportivos

Os interesados poden solicitalo na Oficina de Información Cidadá do Concello ata esgotar existencias

O Concello de Nigrán ven de adquirir unha remesa de máis de mil chalecos reflectantes co lema ‘Eu Camiño Seguro’ para repartir entre a veciñanza do municipio. Os interesados poden solicitalo na Oficina de Información Cidadá do Concello ata esgotar existencias. O obxectivo é reforzar a seguridade viaria do peón, pensando especialmente en aqueles que realizan paseos deportivos a diario polas coñecidas como ‘rutas do coresterol’, circuítos e roteiros que, sexan oficiais ou non, a cidadanía adopta de maneira espontánea para camiñar. (como pode ser a estrada de Camos a Chandebrito, rúa dos Pazos…). Os chalecos entregaranse xunto a un cartaz no que se sinalan as premisas básicas para os viandantes: utilizar prendas claras e reflectantes, camiñar sempre pola esquerda, manter o contacto visual cos vehículos, mirar antes de cruzar e, con todo isto en mente, gozar do camiño.

Esta é a segunda remesa de chalecos que adquire o Concello de Nigrán e mercaranse máis en caso de existir demanda. “É un investimento ridículo e pode significar a diferencia entre sufrir un atropelo ou non e, ao mesmo tempo, acostumamos á xente a normalizar o seu uso”, explica o alcalde, Juan González.

Relacionadas

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

Publicacións Relacionadas