Estas persoas traballan desinteresadamente durante todo o ano nestes servizos claves na política de ‘Un Nigrán para todos’ e de contención da avispa asiática na localidade
O Concello de Nigrán entregou un ano máis as tradicionais cestas de Nadal ao grupo de voluntariado do Roupeiro Municipal, Banco de Alimentos, eliminación de velutinas (Jesús Barros) e ao profesor do obradoiro de informática para maiores (Antonio Barros). O goberno local agradece cada ano públicamente e deste xeito o esforzo deste grupo que traballa desinteresadamente para o beneficio do propio municipio e a súa veciñanza.
“Grazas a vos é posible que saian adiante cuestións claves para este goberno local que se encadran na vertente social de ‘Un Nigrán para todos’ e tamén na loita pola contención e erradicación da avispa asiática na localidade. Estades ao servizo da veciñanza de xeito totalmente desinteresado durante todo o ano e desde o Concello compre agradecelo tamén públicamente. Grazas pola vosa solidariedade, compromiso e bo facer”, subliña o alcalde, Juan González.



