Ao quedar prazas dispoñible ábrese a tódalas idades e veciñanza doutros municipios. A saída do barco do porto de Panxón e ás 10:00 e regreso ás 12:00, cun custe de 18 €/persoa
O Concello de Nigrán amplía ao luns 6 de outubro a inscrición para participar o mércores 8 de outubro nunha excursión en barco desde o porto de Panxón e degustación de mexillóns a bordo, ademais de animación musical. Ao quedar prazas dispoñible ábrese a tódalas idades e a veciñanza doutros municipios, debendo inscribirse na oficina de Información Cidadá do Concello de 9:00 a 14:00 horas e pagando mediante tarxeta. O custe é de 18 €/persoa e os asistentes deberán presentarse no peirao ás 9:30 horas, o regreso estimado é ás 12:00 horas e desde a navieira inciden en que as previsións dan bo tempo e boa mar.
O barco achegarase ata as bateas de Moaña, onde se ofrecerá unha explicación a bordo sobre o proceso de cultivo e recolección do mexillón, curiosidades sobre a vida nas bateas e a importancia deste produto en Galicia, con devandita degustación recén cocidos, acompañados de viño con ou refrescos