Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán amplía a todas as tardes as sesións do...

O concello de Nigrán amplía a todas as tardes as sesións do Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas e o dota dun área de xogos tradicionais

- Anuncio -

O Concello xa o aumentara no 2021 a catro días para beneficiar a máis persoas ao manifestarse novos casos de deterioro cognitivo a causa do illamento social. Actualmente quedan algunhas prazas vacantes

Os usuarios contan desde inicios de ano con xogo de petanca, de chave e de ra nun área preparada polos operarios municipais

O Concello de Nigrán ven de ampliar o funcionamento do Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas de Panxón a todas as tardes de luns a venres ante a demanda deste servizo público municipal que o Concello creou no 2016 vencellado a súa política ‘Un Nigrán para todos’. Paralelamente, e vinculado a este aumento das sesións, o Concello o dotou a finais de ano dun xogo de petanca, outro de chave e outro de ra para que todos os usuarios xoguen os xoves ao aire libre nunha zona adaptada previamente para iso polos operarios municipais. “Temos dous grupos dunha ducia de persoas que acudían dous días a semana, agora virán tres días porque os xoves os xuntaremos para xogar”, explica a edil de Maiores, María Mayán, quen incide en que “era unha demanda das familias poder contar cunha terceira tarde para mellorar a conciliación”.

Segundo explican desde Afaga, empresa concesionaria deste servizo público municipal, este tipo de xogos tradicionais de lanzamento e precisión son especialmente recomendables para os maiores porque favorecen a socialización, a concentración, a motivación, a psicomotricidade e a propia memoria para seguir as normas establecidas.

“Son xogos con fonda raíz na nosa cultura, o que xa de por si fai que lles motive especialmente, e ademais son ao aire libre, a opción máis segura sanitariamente a día de hoxe”, explica o alcalde, Juan González.

Recentemente quedaron vacantes, polo que as familias interesadas en solicitar praza deberán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, tendo sempre prioridade os empadroados no municipio. Compre sinalar que a porcentaxe destas enfermidades na poboación maior de 65 anos é dun 1,83%, polo que na localidade existiría unha prevalencia de 323 habitantes.

“A crise sanitaria tivo un impacto especialmente significativo nas persoas con demencia, así como na súa contorna familiar e convivencial. As medidas de distanciamento social aceleraron o procese de deterioro funcional e cognitivo, asi como a sobrecarga da contorna familiar e convivencial”, indican desde Afaga. De feito, os propios resultados obtidos en Nigrán nos estudos de comparación entre as valoracións sociais pre/pos pandemia indicaban a necesidade de reforzar esta actividade de estimulación terapéutica.

“Son obradoiros de estimulación cognitiva indubidablemente beneficiosos para os usuarios pero tamén é importante destacar o efecto positivo na súa familia porque alivia parcialmente a sobrecarga dos coidados”, incide o rexedor, quen sinala este centro municipal ubicado no recinto do CEE de Panxón como un dos grandes piares do seu proxecto político ‘Un Nigrán para todos’.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas