Do 9 ao 22 de decembro e do 7 ao 25 de xaneiro abrirá de 8:00 a 23:00 horas e sábados e domingos de 10:00 a 20:00 horas
A Biblioteca Municipal de Nigrán disporá desde o 9 ao 22 de decembro e do 7 ao 25 de xaneiro dun horario ampliado da sala de estudo para atender así a demanda dos universitarios en exames, sendo a única do Val Miñor en ofrecer esta facilidade en cada avaliación desde que no 2022 se estreou esta infraestrutura en Estrada pola Vía. Así, o horario de estudo neste periodo será de luns a venres de 8:00 a 23:00 horas e sábados e domingos de 10:00 a 20:00 horas. Este tempo ‘extra’ será exclusivamente para o uso da sala de estudo, non para os demáis servizos de biblioteca, que funciona con normalidade de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 (domingos pechada). Por outra banda, a biblioteca non abrirá as súas portas o 24, 27 e 31 de decembro e o 3 de xaneiro, mentras que o día 5 só estará operativa de 9:00 a 15:00 horas.



