O concello de Nigran aposta pola insercción sociolaboral dos usuarios do Juan María facilitando a xestión do seu Parking Municipal

adminON
Lectura mínima de 5

Dous usuarios estarán ao cargo do aparcadoiro público da Ramallosa os sábados repartidos en sendas quendas. O Centro Juan María estrease neste campo co obxectivo de ampliar as posibilidades de emprego entre as persoas con diversidade

“Estamos felices de poderlles ofrecer estes postos de traballo que precisamos cubrir ao tempo que eles gañan en autonomía e autoestima e adquiren novos coñecementos. Este é o Nigrán para todos que queremos visibilizar”, explica o alcalde, Juan González.

O parking municipal do Concello de Nigrán, na Ramallosa, estreará este sábado a dous empregados especialmente felices de selo: Sergio Fernández (28 anos) e Lucía Pérez (23 anos), ex-alumnos do CEE Juan María de Parada e agora da sección ‘Juan María Empleo’. Os dous serán os encargados de xestionar esta infraestrutura municipal todos os sábados dos vindeiros 6 meses (prorrogables a outros 6) repartidos en sendas quendas de traballo de 7 horas que cubren o tempo de apertura (de 8:00 a 22:00 horas). Eles serán os responsables de abrir e pechar a instalación, acender luces e rótulos, controlar que as barreiras funcionen, entregar as tarxetas para as recargas de coches eléctricos e resolver calquera incidencia que xurda na instalación. O Centro Juan María estrea deste xeito este ámbito laboral co obxectivo de abrir este novo nicho de emprego entre as persoas con diversidade.

“Estamos felices de poder ofrecerlles estes postos de traballo que precisamos cubrir ao tempo que eles gañan en autonomía e autoestima e adquiren novos coñecementos. Este é o Nigrán para todos que queremos visibilizar, un Nigrán onde a inclusión sociolaboral é real e por iso estamos vendo máis opcións de emprego coa dirección”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca que Centro Juan María Empleo traballa desde hai anos no Concello de Nigrán para o mantemenos dalgúns xardíns municipais ou as beirarrúas do parque empresarial de Porto do Molle.

“No estoy nervioso, soy una persona tranquila. Yo trabajo en la limpieza de las instalaciones del Juan María, así que este nuevo empleo me permitirá compatibilizarlo. Estoy sacándome el carné de conducir y lo voy a pagar con mi propio sueldo, y eso me hace muy feliz”, explica Sergio, quen estivo anteriormente en prácticas de conserxe no Concello e contratado por Galisur unha tempada para axudar administrativamente. Mentres tanto, Lucía amósase máis nerviosa pero, ao mesmo tempo, coa completa seguridade e optimismo de poder desenvolvelo sen maior problema. “Formé parte del obradoiro de formación dual de comercio del Juan María siendo empleada a su vez en la tienda de ropa y, además, también he trabajado de limpiadora. No me asusta nada, estaba en la búsqueda activa de empleo y esta posibilidad que surge es una alegría”, reconoce.

O Centro Juan María Empleo nace no 2014 co obxectivo de proporcionar ás persoas con discapacidade intelectual a oportunidade de levar a cabo un traballo produtivo e remunerado, adecuado ás súas características persoais e que facilite a súa integración laboral no mercado ordinario de traballo. Actualmente o persoal componse de 21 traballadores con discapacidade intelectual, 3 encargados, unha persoa de apoio e un psicólogo. Entre os traballos que veñen desenvolvendo figuran o de limpeza e mantemento, apoio en comedores, auxiliar de comercio, servizo de lavandería, limpeza de furgonetas… A xestión de parkings a estrean co Concello de Nigrán coa esperanza de que xurdan outros máis, de feito, eles resultaron adxudicatarios deste da Ramallosa tras presentar a mellor oferta económica.

“Estamos abertos a que as persoas que se incorporan ao mercado laboral desenvolvan as funcións que máis se adecúen ás súas capacidades e necesidades. Todas as iniciativas as estudamos e esta de xestión do parking municipal resultounos especialmente idónea, así que agardamos que outros consistorios ou empresas contacten con nos”, explican esperanzados desde a dirección do centro.

Comparte este artigo