HomeVigoNigránO concello de Nigrán apraza o concurso de comparsas ata o venres...

O concello de Nigrán apraza o concurso de comparsas ata o venres 24 de febreiro en sinal de respecto ao veciño de Parada falecido hoxe en Monteferro

- Anuncio -spot_img

A parroquia de Parada é a responsable do enterro do kiko e a única representante de Nigrán que cada ano se presenta ao concurso de comparsas

“Era unha persoa moi coñecida e querida na parroquia e prefirimos aprazar o certame como sinal de respecto a súa familia, achegados e á propia comparsa do Centro Cultural Parada do Miñor, onde era moi apreciado”, explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán apraza o tradicional concurso de comparsas previsto para este sábado 18 ao venres 24 de febreiro ante a nova do falecemento hoxe de Javier Martínez Giráldez pescando en Monteferro, veciño de Parada moi coñecido en todo o municipio. Esta parroquia, a través do Centro Cultural Parada do Miñor, é a organizadora do enterro do kiko e a única que se presenta ano tras ano ao concurso de comparsas do municipio.

“Era unha persoa moi coñecida e querida na parroquia e prefirimos aprazar o certame como sinal de respecto a súa familia, achegados e á propia comparsa do Centro Cultural Parada do Miñor, onde era moi apreciado”, explica o alcalde, Juan González

Publicacións Relacionadas