HomeVigoNigránO concello de Nigrán arranca este venres coa programación de Samaín co...

O concello de Nigrán arranca este venres coa programación de Samaín co contacontos “Samagostín”

- Anuncio -spot_img

Está dirixido a criazas de 4 a 8 anos e terá lugar no Auditorio Municipal ás 18:00 horas.

Quedan dispoñibles as derradeiras prazas para os obradoiros de galletas terroríficas de Chupipostres e para a visita teatralizada ao cemiterio do Ceán o luns ás 20:30

O Concello de Nigrán arranca o seu Samaín máis truculento mañá venres 28 ás 18:00 horas no Auditorio Municipal (non 19:00 horas, como inicialmente se anunciara) coa estrea do contacontos ‘Samagostín’. Este refírese ao novo libro de Solaina (Soledad García e Natalia Guisande) e inclúe actividades para crianzas de 4 a 8 anos. “Todo acontece o día de Samaín. A vida tranquila dunha araña bailarina e un gato músico vese alterada cando chega a súa casa unha bruxa malvada. Contarán coa axuda duns seres negros e escuros coma eles para dar resulta esta situación”. O libro e o seu contacontos traballan o medo nas crianzas, o traballo en equipo e a amizade, o fomento da lectura, o amor pola lingua galega… Ademáis, incorpora actividades educativas para aprender como as notas musicais, os ósos dun esqueleto… A actividade é de balde ata completarse o aforo.

Igualmente, o Concello informa de que quedan dispoñibles as derradeiras prazas para os tres obradoiros de ‘galletas terroríficas’ de Chupipostres para empadroados de 6 a 11 anos (sábado 29, domingo 30 e luns 31 no CEE de Panxón previa inscrición en www.nigran.es), e para as visitas teatralizadas do luns ás 20:30 horas no cemiterio do Ceán a cargo de Teatro do Ar (tamén con inscrición previa en www.nigran.es). Este mesmo día haberá un roteiro micolóxico para a infancia en Camos desde as 11:00 horas para o que non é preciso inscrición.

Finalmente, o martes 1 de Novembro desde as 17:00 horas o Concello ofrecerá no Auditorio Municipal a tradicional festa de disfraces de Samaín destinada a infancia e dirixida polo Mago Rei Midas. A entrada é de balde ata completarse o aforo.

Publicacións Relacionadas