HomeVigoNigránO concello de Nigrán brilla en FITUR presentando o roteiro literario de...

O concello de Nigrán brilla en FITUR presentando o roteiro literario de Domingo Villar “A Praia dos Afogados”

- Anuncio -spot_img

O Concello esgota no seu primeiro día o folleto turístico deseñado para a cita internacional e que reproduce os pasos por Panxón do carismático personaxe literario Leo Caldas

“Domingo Villar é un referente da novela negra en todo o mundo e tivemos a sorte de que centrase ‘A praia dos Afogados’ en Nigrán; con este roteiro queremos homenaxealo e manter viva a súa memoria ao tempo que promovemos o noso municipio; foi o noso mellor embaixador”, recoñece o alcalde, Juan González

Sabíamos que iba a ter unha excelente acollida porque a súa obra interesa a milleiros de persoas, ademais, o roteiro resulta espectacular porque recompila algúns dos lugares máis fermosos de Nigrán e que el tan ben describe na novela”

O Concello de Nigrán brilla na Feria Internacional de Turismo (FITUR) grazas á estrea oficial do roteiro literario ‘A Praia dos Afogados’, libro do aclamado escritor Domingo Villar, falecido o ano pasado, e cuxa trama principal discorre na parroquia de Panxón. No primeiro día en Madrid, o Concello esgotou o folleto turístico específico que reproduce os pasos do carismático personaxe Leo Caldas nesta famosa novela negra traducida a máis de 15 idiomas e levada ao cine no 2015. Igualmente, as persoas interesadas poden atopalo físicamente na Oficina de Turismo de Panxón ou descargalo directamente na web www.nigran.es.

“Domingo Villar é un referente da novela negra en todo o mundo e tivemos a sorte de que centrase ‘A praia dos Afogados’ en Nigrán; con este roteiro queremos homenaxealo e manter viva a súa memoria ao tempo que promovemos o noso municipio; foi o noso mellor embaixador e queremos recoñecelo deste xeito”, explica o alcalde, Juan González. “Sabíamos que iba a ter unha excelente acollida porque a súa obra interesa a milleiros de persoas, ademais, o roteiro resulta espectacular porque recompila algúns dos lugares máis fermosos de Nigrán e que el tan ben describe na novela”, explica o alcalde, Juan González, quen incide nos “centos de lectores entusiastas’ que este verán participaron nos roteiros guiados que o Concello realizou como homenaxe ao escritor falecido en Vigo en Maio de 2022. “Colleitaron un éxito de público incrible, con esa experiencia e atendendo ás opinións dos participantes, realizamos este folleto”, explica González.

A andaina deseñada ten una lonxitude de 4,5 km divididos en 5 paradas e unha duración estimada de 2,5 horas cun grado de dificultade media. Seguindo o propio discorrer da novela, arranca na Praia da Madorra, onde aparece o cadáver maniatado dun mariñeiro que abre a investigación. A continuación continúa no Porto de Panxón, onde se atopa a lonxa ou a taberna ‘El Refugio del Pescador’, ademais das nasas ou embarcacións tradicional moi mencionadas no libro. A terceira parada é o Templo Votivo do Mar do arquitecto Antonio Palacios, lugar onde o inspector Leo Caldas se entrevista co párroco e cuxo interior contén mosaicos de esceas de naufraxios. Seguidamente, o camiñante debe dirixirse cara a península de Monteferro para visitar Punta Lameda, zona onde aparece afundida a barco de ‘O Rubio’ e, finalmente, conclúe no Monumento á Mariña Universal, contorna cuxas vistas sorprenden a Rafael Estévez, axudante de Caldas. Estas cinco ‘paradas’ figuran xeolocalizadas, con cadansúa frase da novela vinculada a esa zona en concreto e, a maiores, cunha breve información turística ao respecto. Deseñado como un folleto manexable, con forma de libro que se pode gardar no bolsillo, e con gran protagonismo das imaxes, inclúe un pequeno mapa e outros puntos de interese para aquelas persoas que desexen ampliar o roteiro, como poderían ser o cemiterio de Panxón, o Arco Visigótico, Monte Lourido, o Miradoiro de Monteferro… Todos eles puntos de interese mencionados dalgún xeito no libro.

A praia dos Afogados’

Publicada no ano 2009, trátase da segunda entrega da famosa triloxía de novela negra de Domingo Villar. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a praia da Madorra. Se non tivese as mans atadas ás costas, Xusto Castelo sería simplemente outro dos fillos do mar que atopou a súa tumba entre as augas mentres faenaba. Pero o océano nunca necesitou amarras para matar. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do falecido, o lacónico inspector Leo Caldas mergullarase no ambiente mariñeiro do pobo, tratando de esclarecer o crime entre homes e mulleres que se resisten a desvelar as súas sospeitas e que, cando se decidan a falar, apuntarán nunha dirección demasiado insólita. Un asunto inoportuno para Caldas, que atravesa días difíciles: Alba volveu a dar sinais de vida, o único irmán do seu pai está gravemente enfermo e a súa colaboración no programa de radio está a volverse insoportable.

Publicacións Relacionadas