HomeVigoNigránO concello de Nigrán busca negocios interesados en participar na campaña de...

O concello de Nigrán busca negocios interesados en participar na campaña de promoción do comercio local este Nadal

- Anuncio -spot_img

Os comerciantes que desexen sumarse deben inscribirse ata o 6 de novembro nun formulario web en www.nigran.es. A súa imaxe servirá para relanzar #VivoEnNigránComproEnNigrán e #EuSonDe MercarEnNigrán

O Concello volverá a publicitar por todos os medios esta nova campaña protagonizada polos seus veciños. Instalaranse vallas, difundirase en redes e mediante cartelería e se distribuirán bolsas alusivas entre os diferentes establecementos

Nigrán, 28/10/22.- O Concello de Nigrán busca caras novas no municipio para protagonizar a vindeira campaña de Nadal de promoción do comercio local coa que colabora a asociación de empresarios Ovalmi. Con este fin, os negocios interesados (sexan ou non socios de Ovalmi) dispoñen ata o 6 de novembro para inscribirse a través dun formulario web en www.nigran.es ou directamente en https://forms.gle/wqe9VVDatBzApxW1A. O obxectivo é darlle continuidade ao lema ‘#VivoEnNigránComproEnNigrán’ e #EuSonDeMercarEnNigrán empregando novamente os rostros de coñecidos comerciantes da localidade como reclamo.

“A campaña de Nadal de promoción do comercio local é xa unha tradición do Concello de Nigrán porque funciona moi ben nunhas datas de moitas compras. Serve tamén para conciencienciar á cidadanía da responsabilidade individual de cada un de nos á hora de consumir e dá continuidade ao noso traballo ao respecto”, defende o alcalde, Juan González, quen considera que “o mellor reclamo é porlle rostro aos nosos comerciantes”, polo que o Concello sigue apostando por este tipo de campaña personalista.

A iniciativa municipal comprende diferentes aspectos que se irán anunciando conforme se achegue a data, pero volverá a incluir vallas, cartelería, difusión en redes, bolsas alusivas, gifs… “Agora estamos na fase de encontrar comerciantes dispostos para poder levala adiante, nos gustaría que, a través deles, unha vez máis, todos se sintan representados”, finaliza González, quen agradece “unha vez máis, a colaboración de Ovalmi”.

Publicacións Relacionadas