HomeVigoNigránO concello de Nigrán celebra este xoves o Día da Discapacidade coa...

O concello de Nigrán celebra este xoves o Día da Discapacidade coa proxección de “Campeones”

- Anuncio -spot_img

Terá lugar ás 18:00 horas nos cines municipais da Ramallosa con entrada libre

O Concello de Nigrán celebra este xoves 4 de decembro o ‘Día Internacional das Persoas con Discapacidade’ que se conmemora esta semana coa proxección do filme ‘Campeones’ ás 18:00 horas nos Cines Municipais do Centro Comercial A Ramallosa. Como en todas as películas, a entrada é de balde ata completar aforo.

‘Campeones’ é unha divertida longametraxe para todas as idades dirixida por Javier Fesser e que gañou o Goya á mellor película no ano 2018. Marco, un adestrador profesional de baloncesto, atópase no medio dunha crise persoal mentras adestra a un equipo composto por persoas con discapacidade intelectual. O que comeza como un problema, acábase convertendo nunha lección de vida. 

Publicacións Relacionadas