O concello de Nigrán celebra o 40 aniversario do Centro Dramático Galego coa obra de Utópica Rodante ‘De Vilatriste a Vilalegre’

adminON
Lectura mínima de 1

Trátase dunha ‘peza sobre rodas’ para todos os públicos que mestura monicreques e traballo actoral

O Concello de Nigrán festexa o 40 aniversario do Centro Dramático Galego este venres 31 de maio co espectáculo itinerante ‘De Vilatriste a Vilalegre’ ás 20:00 na Praza do Concello. Esta coprodución xunto ao Teatro ó Cuboestá está pensada para públicos de todas as idades co fin de xerar comunidade ao redor das artes escénicas. Co mundo do cómic como referencia e combinando teatro actoral e de monicreques, a primeira proposta desta iniciativa sobre rodas confronta a fantasía coa realidade social do rural galego a partir da historia de Vilatriste, pobo no que se instalan uns novos habitantes que son recibidos con estrañeza e desconfianza pola veciñanza.

Comparte este artigo