O Concello de Nigrán colabora na formación de brigadistas forestais contratando tres bolseiros a través do CIFP A Granxa

adminON
Lectura mínima de 4

A maiores, o Concello ten tamén contratadas en prácticas a dúas persoas  a través do programa da Deputación ‘O teu primeiro Emprego’

Estas persoas achegan tamén novos coñecementos, experiencias e motivacións á propia brigada forestal (…) O enriquecemento é mútuo, así que o noso obxectivo é ser un lugar de referencia para estes profesionais”, explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán, único en toda a comarca en contar coa súa propia brigada forestal 100% municipal desde o ano 2022, suma agora a súa labor a formación de novos profesionais. Así, desde esta semana e ata finais de agosto, tres persoas matriculadas no ciclo superior de ‘Xestión forestal e do medio natural’ no FP Dual do CIFP A Granxa (Ponteareas) están a traballar en prácticas con cadansúa bolsa FEUGA grazas á firma dun convenio entre Concello e Consellería de Educación. A maiores, desde novembro e con posibilidade de permanecer 1 ano, dúas persoas mozas xa tituladas neste mesmo ciclo están a traballar como técnicos forestais en prácticas dentro do programa ‘O teu primeiro emprego’ da Deputación de Pontevedra.

            “Como administración que somos, consideramos que temos a obriga de facilitar formación a toda aquela persoa que desexe incorporarse ao mercado laboral, máxime coa mocidade, porque precisamente por non ter experiencia previa se lle pechan portas”, explica o alcalde, Juan González, quen engade que estas persoas “achegan tamén novos coñecementos, experiencias e motivacións á propia brigada forestal”. “O enriquecemento é mútuo, así que o noso obxectivo é ser un lugar de referencia para o alumnado do CIFP A Granxa”, engade.

A brigada municipal, formada por una capataz e 4 brigadistas e transitoriamente por estes 5 alumnos-traballadores, participa na creación do ‘Parque forestal Os Matos-Río Táboas’ e en labores de prevención de incendios forestais abrindo camiños no monte para o correcto acceso de vehículos de emerxencia en caso de necesidade, eliminando biomasa, rozando as contornas de vivendas en risco ou incluso limpando de forma subsidiaria fincas con expedientes sancionadores porque os propietarios non as manteñen conforme obriga a lei.

“Isto súmase o labor de control de parcelas potencialmente perigosas en caso de lumes nas faixas de seguridade próximas ás vivendas e que non estaban sendo limpadas polos seus propietarios ou non tiñan propietario coñecido. A maiores, as súas labores comprenden a vixiancia e extinción de incendios en caso declararse algún no municipio, polo que nese caso se sumarían aos efectivos do GES”, tal e como explica o edil de medioambiente, Diego García Moreira, quen destaca.

“No Concello de Nigrán temos a conciencia de que igual que cada ano a Mancomunidade contrata socorristas para manter as súas praias seguras durante a tempada estival, debemos dispor durante todo o ano de brigadistas con experiencia para previr incendios na tempada de máis risco, por iso é un orgullo formar a máis especialistas”, resume González.

Comparte este artigo