Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán completa a plantación de arbolado no parque empresarial...

O concello de Nigrán completa a plantación de arbolado no parque empresarial de Porto do Molle

- Anuncio -

Investíu 50.000 € na renovación de todos os alcorques e na plantación de 26 gingkos bilova e 15 liquidambar xa de gran tamaño e 31 plantas ‘Photinia Red Robin’

“Este é un parque que precisamente destaca como exemplo de calidade e respeto medioambiental e que aporta moitos beneficios ao municipio; era unha actuación prioritaria”, defende o alcalde

O Concello de Nigrán investiu 50.000 € para completar a plantación de arbolado no parque empresarial de Porto do Molle, o que implica a reconstrución dos alcorques, que se atopaban en moi mal estado. Así, adquirironse 26 gingkos bilova para a rúa Xial e 15 liquidámbares para decorar a rotonda principal de acceso, na rúa das Pontes, en ambos casos xa de gran tamaño. Igualmente, os alcorques da rúa Lagares foron acondicionados con plantas de Photinia Red Robin.

“Este é un parque que precisamente destaca como exemplo de calidade e respeto medioambiental e que aporta moitos beneficios ao municipio; era unha actuación prioritaria, o noso compromiso é revertir neste parque boa parte dos beneficios que xenera”, sinala o alcalde, Juan González. Neste sentido, o Concello apostou polo liquidambar e o gigko bilova, unhas árbores caducifolias moi resistentes que no outono colle unhas tonalidades espectaculares desde amarelo intenso a vermello. O liquidambar ten follas semellantes ás do arce e as do gingko, especie sagrada en Oriente e famosa por sobrevivir un á bomba de Hiroshima, teñen forma de volvoreta. “A súa presenza dará unha imaxe marabillosa ao parque, acorde ademais coa súa identidade”, subliña González.

O Concello iniciou no 2017 a resposición do arbolado porque os antes existentes, falsos pimenteiros, se atopaban en moi mal estado ou directamente non se conservaban, iniciándose a renovación con liquidámbares de gran porte.

Relacionadas

‘Eureka’ descobre os misterios do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño con 14...

0
EuRural pon en marcha unha serie de escape rooms dixitais temáticos relacionados coa cultura, historia e patrimonio de cada un dos concellos do territorio Os...

Curso En liña de linguaxe de signos española

0
A Federación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) ofrece o curso en liña de Nivel A1.1. de Lingua de signos española. O curso está dirixido...

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a...

0
O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

Soutomaior investirá 60.000 euros no Campo de Fútbol Muicipal de Soutomaior

0
As actuacións consistirán na reforma da entrada principal ao campo, mellorando o acceso, así como outra serie de melloras nas instalacións do recinto deportivo,...

A Xunta licita as obras dunha nova Senda Peonil na Vaquería, en Budiño

0
• A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo, presentou a actuación que supón un investimento...

Mondariz homenaxea as súas primeiras mulleres concelleiras

0
O Concello de Mondariz convida a toda a veciñanza a asistir ao acto “Mulleres Concelleiras” que recoñecerá ás primeiras mulleres da política local. Será...

Publicacións Relacionadas