As novas bases contemplaron por vez primeira desprazamentos supraprovinciais e axudas concretas a deportistas individuais
O Concello de Nigrán ven de conceder 28.180 € en subvencións a 18 clubes deportivos do municipio e, por vez primeira, 2.977 € repartidos entre seis deportistas de elite nigranses que practican diferentes disciplinas (un xinete que compite en equitación paraecuestre, tres ximnastas acrobática e un surfeiro, todos eles participan como mínimo en competicións nacionais). Esta foi a principal novidade nas bases, xunto coa posibilidade de que os clubes pediran axudas por desprazamentos supraprovinciais, circunstancia que beneficiou a 11 entidades que compiten a este nivel.
“Cumprimos con demandas lóxicas que nos fixeron desde os clubes incorporando estas dúas novas premisas que, cremos, son xustas e ecuánimes”, explica o alcalde, Juan González.
O Concello de Nigrán subíu de 30.000 a 45.000 a partida orzamentaria destinada no 2024 ás entidades deportivas e deportistas, outorgándose o ano 2023 un total de 20.348 € e agora 31,157 €, un 31%. Por outro lado, no 2024 tamén se triplicou o orzamento para axudas ás asociacións do municipio por organizar actividades culturais, veciñais, festeiras e deportivas, pasando dun orzamento total de 50.000 € a 120.000 €.

