O Concello de Nigrán conecta mediante unha estrada o barrio de As Rozadas (Chandebrito) e O Sobral (Camos)

adminON
Lectura mínima de 2

A pista de terra que atravesa o parque forestal Os Matos-Río Taboas foi asfaltada para garantir un vial de emerxencia en caso de lumes e, ao mesmo tempo, conecta ambos barrios en escasos minutos en coche, fito histórico para ambas parroquias

O Concello de Nigrán ven de asfaltar a antiga pista de terra que atravesa o parque forestal ‘Os Matos-Río Taboas’ e que permite conectar os barrios de As Rozadas (Chandebrito) e O Sobral (Camos) en escasos minutos. Este novo vial de emerxencia posibilita a inmediata chegada dos servizo de emerxencia (como bombeiros ou ambulancia) en caso de lume ou calquera outro incidente, ao tempo que aforra á veciñanza destas zonas un rodeo quilométrico ao ser factible, por primeira vez na historia, de empregar este novo atallo.
“A pista que existía era realmente impracticable, non se podía usar para ir en coche, e iso era un problema en caso de que se declarase algún lume no corazón do parque forestal, que conta ademáis con vivendas nos seus extremos”, explica o alcalde, Juan Gonzalez, quen incide en que este pequeno cambio supón un fito para a veciñanza, “son dous barrios separados agora por menos de 2 quilómetros, mentras que ata o de agora tiñan que dar un rodeo que triplicaba a distancia”, engade González, quen incide en que é un atallo natural para calquera veciño de As Rozadas que desexe ir a Nigrán e viceversa, xa que ata o de agora tiña que empregar exclusivamente a estrada de San Roque a Chandebrito.

Comparte este artigo