O Concello de Nigrán conmemora o ‘VII Aniversario dos Incendios’ en Camos e Chandebrito

adminON
Lectura mínima de 2

Preto de medio cento de persoas realizaron unha camiñata polo parque forestal, deseucaliptizaron e plantaron árbores nas principais entradas en Camos e Chandebrito

O Concello de Nigrán e a Comunidade de Montes de Chandebrito conmemoraron este domingo 13 de outubro en sendas parroquias o ‘VII Aniversario dos Incendios’ cunha andaina polo parque forestal Os Matos-Río Táboas e unha plantación. A xornada comezou ao carón do cemiterio de Camos para desprazarse ata as Rozadas (Chandebrito), e plantar en sendos puntos de inicio e final 15 árbores autóctonas (madroño, pradairo, sobreira, carballo, bidueira e arces). Ademais, durante preto dunha hora elimináronse brotes de eucaliptos na zona de Chandebrito. Ao rematas, as crianzas participaron nun obradoiro de lanzamento de xabalinas e fabricación de colgantes con taladros prehistóricos ao tempo que se degustaban chouripáns. Igualmente, fíxose un recoñecemento especial ás comunidades de montes de Camos e Chandebrito, xa que cederon as 42 hectáreas para realizar o parque forestal, aos centros educativos colaboradores, aos axentes medioambientais de Medio Rural (distrito XVIII) que sempre participan nas diferentes accións nesta contorna e a Jesús Pereira Valverde, veciño de Camos que axuda sempre altruistamente no mantemento e benestar.

Lumes de 2017

As parroquias de Chandebrito e Camos viviron o 15 de outubro de 2017 un dos momentos máis tráxicos da súa historia ao sufrir uns gravísimos incendios que se levaron a vida de dúas mulleres nunha evacuación fallida, Angelina Otero e Maximina Iglesias, e máis de 600 hectáreas de monte arrasadas.

“As vida humanas son irreparables e a dor non desaparece, vaia iso sempre por diante, pero compre sinalar que despois dos incendios xurdíu unha nova mentalidade ecoloxista na zona e a esperanza e a ilusión de xestionar o monte doutro xeito; Chandebrito e Camos son o mellor exemplo e por iso é posible este parque forestal, un soño para toda a comarca”, considera Juan González, alcalde de Nigrán.

Comparte este artigo