HomeVigoNigránO concello de Nigrán constrúe un gran pumptrack para bicis no Salgueiral...

O concello de Nigrán constrúe un gran pumptrack para bicis no Salgueiral que se suma ao de surf en Patos

- Anuncio -spot_img

A nova infraestrutura ocupa 1.000 m² e consta dun pequeno circuíto independente para infancia e principiantes e doutro ao seu carón composto por dous aneis combinados para niveis máis avanzados

“A mocidade foi quen demandou esta pista e desde o Concello de Nigrán non dubidamos en levala adiante porque permitirá que socialicen máis e realicen o seu deporte favorito ao aire libre sen ter que moverse do municipio”, considera o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán sitúase como capital dos deportes urbanos de Galicia ao sumar as súas infraestruturas un gran pumptrack no barrio de Salgueiral (Nigrán). Este circuíto, o máis grande do sur da provincia e o único en toda Pontevedra con zona de saltos tipo dirt-jump, súmase ao novidoso surftrack recentemente estreado en Patos e ao skate park de Porto do Molle. A nova dotación, xa rematada e aberta ao público, está enfocada na práctica de BMX aínda que é apta tamén para skate ou scooter e foi executada pola empresa de referencia do sector, Overlay Projets. O Concello investíu 75.400 € a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra e 44.500 € en Patos.

“A mocidade foi quen demandou esta pista, e desde o Concello de Nigrán non dubidamos en levala adiante porque permite que socialicen ao tempo que practican o seu deporte favorito ao aire libre e sen ter que moverse do municipio”, considera o alcalde, Juan González, quen engade que a de Patos foi solicitada pola asociación de escolas de surf, xa que permite que os deportistas se adestren alí cando as condicións do mar lles impide mergullarse.

Este gran pumptrack construíuse nunha parcela municipal de 3.574 m² sen uso previo e ubicada entre o Camiño de Salgueiral e a PO-325, cerca da praia e do centro urbano. En total, ocupa 1.030 m² e consta dun circuito independente de 38 metros de trazado e forma triangular destinado a principiantes e infancia, e dun segundo gran circuito ao seu carón conformado por dous aneis combinados para un nivel medio ou avanzado (de 85 metros e 95 metros de longo respectivamente, arrancando simultáneamente desde unha plataforma e estando un deles conformado por mesetas para practicar saltos dirt-jump). Sendos pumptracks, materializados en asfalto, están conformados por peraltes, contraperaltes e baches de diferentes dificultades.

“A expectación por esta obra foi máxima entre a mocidade e esta fin de semana, xa aberta, recibíu a moitísima xente”, subliña o rexedor, quen considera que o Concello debe adaptarse continuamente ás novas tendencias sociais, “e no eido deportivo isto supón investimentos en este tipo de circuítos ou en infraestruturas como as calistenias de Panxón ou A Ramallosa”.

Surftrack

A gran particularidade desta infraestrutura ubicada ao carón da residencia de Tempo Libre de Patos é que está deseñada en forma de anel pechado, cun lado recto e outro de curvas, o que permite un circuito continuo, sen principio e fin definidos. Ocupa unha superficie de 366 m2, construíndose en forma de anel cun lado recto con curva de 2,40 e 7 metros respectivamente e outro tramo sinuoso con curvas de 2,40 m. A maioría das medidas dos elementos son axeitados para todas as idades e niveis, pero inclúe algúns obstáculos para practicantes de nivel máis avanzado ou para ir progresando.

Publicacións Relacionadas