HomeVigoNigránO Concello de Nigrán conta cun novo punto oficial para selar a...

O Concello de Nigrán conta cun novo punto oficial para selar a compostelana grazas ao novo quiosco do CEE Juan María na Ramallosa

- Anuncio -spot_img

Usuarios deste centro reabren o quiosco da Alameda da Ramallosa para a venda de prensa e como lugar onde ofrecer información turística aos peregrinos, tal e como se propuxo desde ‘Un Nigrán para todos’

Queremos apoiar este proxecto inclusivo que beneficia a toda a veciñanza ao retomar a venda de prensa na zona e , ao mesmo tempo, funcionar como un lugar de información para os peregrinos”, explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán conta desde esta semana cun novo punto onde selar a compostelana grazas á nova iniciativa do CEE Juan María de reabrir o quiosco da Alameda da Ramallosa, sen actividade desde hai anos. O lugar volve a ser un punto de venda de prensa nesta zona urbana onde precisamente se botaba en falla este servizo. A maiores, poden encontrarse prendas da súa marca de roupa inclusiva ‘JuanMariaSinEtiquetas’.

“Queremos apoiar este proxecto inclusivo que beneficia a toda a veciñanza ao retomar a venda de prensa e, ao mesmo tempo, funcionar como un lugar de información para os peregrinos. Este é a mellor imaxe que podemos trasmitir do ‘Nigrán para todos’ que perseguimos”, explica o alcalde, Juan González, quen achegou folletos turísticos do Concello para que eles mesmos lle poidan facilitar aos peregrinos ao tempo que lle selan as credenciais, idea esta última ofrecida desde o grupo de expertos en inclusión de ‘Un Nigrán para todos’.

Publicacións Relacionadas