O Concello de Nigrán continúa este mércores o ‘Cine no muíño’ coa película ‘+ Cuñados’

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Nigrán continúa este mércores 21 de agosto ás 22:00 horas o seu ciclo de ‘Cine no muíño’ coa proxección da película ‘+ Cuñados’ no exterior do muíño de Porto do Molle. Trátase dunha comedia dirixida por Luis Avilés con Touriñán ou Miguel de Lira entre os seus protagonistas. Esta nova aventura dos cuñados arrinca coa aparición dun cadáver xusto no medio da ponte internacional de Tui. Este feito vén do ocorrido hai uns días… Chega o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para gozar das festas favoritas de todo bo ourensán. Pasaron dous anos desde a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a maneira perfecta para branquear o diñeiro do motín que caeu do ceo (literalmente). Entre unha cousa e outra, Modesto converteuse nun cuñado máis da familia. A aparición en Ourense de Andreia Nunes (a parella do portugués detido) en busca de vinganza, complicará as cousas para os cuñados, meténdoos nun novo enredo que converterá este Entroido nun auténtico baile de máscaras.

Comparte este artigo