A instalación foi adxudicada por este ano, con posibilidade de prórroga ao 2026, á empresa tomiñesa Alvaz. Deberán estar colocadas como mínimo desde o o último fin de semana de novembro ao 8 de xaneiro
“A celeridade na contratación garante que se cumpran os prazos establecidos e a súa calidade”, explica o alcalde, Juan González.
O Concello de Nigrán adxudicou xa a iluminación decorativa de Nadal á empresa tomiñesa Alvaz por un importe de 80.465 € e con posibilidade de prórroga para o ano 2026. Estas deberán estar colocadas como mínimo desde o o último fin de semana de novembro e ata o 8 de xaneiro, independentemente de cando o Concello considere realizar a festa do acendido. “A celeridade na contratación garante que se cumpran os prazos establecidos e a súa calidade, tendo ademais a opción de renovar automáticamente con eles para o seguinte Nadal”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca que é a primeira vez que se contratan con tanta anticipación. O obxectivo da iluminación é promover a actividade económica e social en todas as parroquias cun produto de alto valor estético e mínimo consumo enerxético.
Así, tal e como recolle o contrato, deberá ser 100% LED por cuestión de eficiencia enerxética e responsabilidade medioambiental, e terán que estar prendidas desde a mesma hora que a iluminación da vía pública e ata a 1 da madrugada, agás o 25 de decembro e 1 de xaneiro, que deberán prolongarse ata as 5:00. Igualmente, os propios plegos inciden en que as diferentes decoracións luminosas deben ofrecer unha imaxe de conxunto uniforme e coherente, respondendo a un mismo estilo e a uns colores cálidos e acordes a unha estética tradicional. Asimesmo, antes de que remate o mes de xaneiro a empresa deberá telas completamente desmontadas.
“Como cada ano, e esta vez con menos presa que nunca, chegaremos a todos os barrios de Nigrán co obxectivo de ofrecer unha verdadeira sensación de festividade e, ao mesmo tempo, de incentivar o comercio local”, explica o alcalde.

