O concello de Nigrán destina 83.500 € á contratación das luces de Nadal

adminON
Lectura mínima de 2

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o día 21 de outubro. A instalación deberá comezar a primeira semana de novembro para que estén acendidas desde o día 6 de decembro ao 7 de xaneiro

O Concello de Nigrán ven de licitar a iluminación decorativa de Nadal destinando a este fin un orzamento base de 83.429,50 €. As empresas interesadas dispoñen ata o 21 de outubro para presentar as súas ofertas. Os pregos indican que a instalación deberá comezar a primeira semana de novembro para que estean xa acendidas desde o 6 de decembro ao 7 de xaneiro de 2025. Entre os aspectos que recolle o contrato figuran que deben ser 100% LED por cuestión de eficiencia enerxética e responsabilidade medioambiental. Ademáis, deberán estar operativas no mesmo horario que a iluminación da vía pública, agás o 25 de decembro e 1 de xaneiro, que deberán prolongarse ata as 5:00 da madrugada. Igualmente, os propios plegos inciden en que as diferentes decoracións luminosas deben ofrecer unha imaxe de conxunto uniforme e coherente, respondendo a un mismo estilo e a uns colores cálidos. Toda a información, incluída a selección de rúas do municipio nas que se deben instalar luces, está pendurara na plataforma de contratos públicos de Galicia (accédese desde a sede electrónica do Concello).

“Como cada ano, chegaremos a todos os barrio de Nigrán co obxectivo de ofrecer unha verdadeira sensación de festividade e, ao mesmo tempo, de incentivar o comercio local”, explica o alcalde, Juan González.

Comparte este artigo