O Concello de Nigrán e a ‘Asociación de Celíacos de Galicia’ organiza o sábado 14 un obradoiro de cociña sen glute para crianzas coa doenza

adminON
Lectura mínima de 1

Para participar é preciso inscribirse previamente a través dun formulario web en www.nigran.es . Terán prioridade as crianzas empadroadas de 6 a 12 anos e que sufran de celiaquía

O Concello de Nigrán e a ‘Asociación de Celíacos de Galicia’ (ACEGA) volven a unirse para ofrecer o sábado 14 de decembro un obradoiro de cociña sen glute dirixido prioritariamente a rapazada coa doenza (de 6 a 12 anos) e empadroada no municipio. O obradoiro, encadrado na programación de Nadal do Concello, terá lugar de 11:00 a 14:00 horas no CEE de Panxón e é preciso inscribirse previamente nun formulario web en www.nigran.es Para máis información está o teléfono 679461003 ou o mail info@celiacosgalicia.es

Comparte este artigo