Plantaron un madroño, instalaron 2 caixas-niño na zona onde se ampliará o recinto para o bosque-escola e recibiron unha charla na que observaron resultados de ‘fototrampeo’
O CEIP da Cruz ofrece martes unha xornada de portas abertas de cara ás familias que están buscando centro educativo para o vindeiro curso
Concello de Nigrán ofreceu este luns unha xornada medioambiental no CEIP da Cruz (Camos) a cargo da Brigada Forestal Municipal. Así, nos terreos que gañará o recinto grazas ao proxecto de bosque-escola que está a levar a cabo o Concello plantouse un madroño, instaláronse 2 caixas-niños para atraer paxaros e, a súa vez, proporcionarlle alimento cos froitos do madroño. Ademais, a rapazada recibíu unha charla onde se lles explicou a función e o tipo de aves que atraen, así como a técnica do ‘fototrampeo’ para capturar imaxes de animais e estudar a súa presenza e o seu comportamento. Precisamente, desde o CEIP da Cruz informan que este martes 25 de febreiro ás 16:00 horas continúan coas xornadas de portas abertas de cara ás familias que están buscando centro educativo para o vindeiro curso.
O CEIP da Cruz (Camos) e CEIP Carlos Casares (Vilariño) transformaranse en auténticos bosques-escola grazas a sendos proxectos do Concello de Nigrán. A intervención en Camos consistirá en gañar para o recinto 1.200 m2 colindantes da zona Sur aos que se accederá a través dunha gran porta de transición con forma de ‘casiña’ que estará situada xusto nun punto con vistas espectaculares cara o Val Miñor e a súa costa, polo que funcionará tamén como miradoiro. Nesta nova parcela de forma irregular e de gran pendente habilitaranse ramplas accesibles cun percorrido circular e atallos directos entre elas aproveitando a gran presenza de carballos reforestados nos pasados anos e doutras especies autóctonas como silvas e fentos. Este auténtico bosque-patio aberto á experimentación educativa sumará en sucesivas fases equipamentos como poderían ser ‘tipis’, asambleas de troncos, invernadoiros…
“É un proxecto único polo propio enclave do colexio. Ata hai pouco, que estivese situado no medio do monte víase como algo negativo, agora esa circunstancia descubrirase como unha oportunidade marabillosa”, considera o rexedor, quen subliña como o colexio quedou pechado ao bosque mentras que agora regresará “ao estado que naturalmente lle corresponde”.
“Este colexio situarase na vangarda da educación, van a vir de toda España a coñecelo in-situ e os propios profesores serán formadores i exemplo para os seus compañeiros”, explica o arquitecto Fermín González, resposable ademais do proxecto pedagóxico ‘Sistema Lupo’.

