Terá lugar o venres 30 no Auditorio Municipal cunha mesa redonda a cargo de expertos e a continuación a proxección da webserienigranesa ‘A moza que abortou e o contou’ e a longametraxe ‘Nunca, case nunca, ás veces, sempre’
O Concello de Nigrán e a Sociedade Galega de Sexoloxía ofrecen este venres 30 de maio a ‘VI Semana da Divsersidade Sexual en Nigrán’, centrada nesta ocasión na educación que ofrecen neste eido as familias.
A xornada comezará ás 17:00 horas no Auditorio Municipal abordando a realidade galega e onde se expoñerán os resultados dunha enquisa na que quedaron patentes as actitudes, formación, comportamentos e inquedanzas que teñen as familias en relación á educación sexual, e como perciben o rol que lles compete na tarefa de acompañar en cada etapa do desenvolvemento sexual das suas crianzas. “A familia educa en todo momento, incluso cando non fala de sexualidade, e a falta dunha comunicación positiva e transparente no espazo familiar acarrexa consecuencias e riscos; desas realidades, que seguen agochadas a pesares dos debates propiciados polos movementos feministas e das reformas lexislativas en materia vinculada a dimensión do desexo e das relacións heterosexuáis tentaremas afondar a través do audiovisual”, explica Purificación Leal Docampo, presidenta de SOGASEX e quen encabezará unha mesa redonda composta por un panel de expertos que, precisamente, elaboraron a enquisa.
A continuación, ás 18:30 horas, terá lugar a proxección da webserie rodada na contorna de Nigrán “A moza que abortou e o contoú”, audiovisual que permitirá debater sobre un tema case inexplorado nas familias, e que polo tanto segue estando confinado á invisibilidade e ao tabú, e que de seguro interpelará ao público. Para isto, asistirán as súas directoras Eire Cid (veciña de Nigrán) e Rosalia Quiroga, ao igual que algunhas actrices e actores.
A partir das 20:00 horas, coa colaboración do Cine Club Va Miñor Alice Guy, proxectarase a longametraxe “Nunca, case nunca, ás veces, sempre”, coa presenza do profesor de cine Alfonso Castaño. Autumn, unha apática e calada adolescente, traballa como caixeira nun supermercado rural de Pennsylvania. Véndose obrigada a soportar un embarazo accidental e sen alternativas viables para poder realizar un aborto no seu propio estado, ela e a súa prima Skylar reúnen algo de diñeiro e embárcanse nun autobús rumbo a Nova Iork. Coa dirección dunha clínica apuntada nun papel e sen un lugar no que pasar a noite, as dúas mozas penétranse nunha cidade que descoñecen.

