HomePontevedraA ParadantaO concello de Nigrán enche o salón de Plenoscoa a charla do...

O concello de Nigrán enche o salón de Plenoscoa a charla do “Plan Mayor” da Guardia Civil

- Anuncio -spot_img

O Concello de Nigrán ofreceu esta mañá nun Salón de Plenos cheo unha charla encadrada no ‘Plan Mayor Seguridad’ que abordou os delitos que máis habitualmente sofren as persoas maiores.

A Guardia Civil María Luísa Cajide foi a encargada de impartir a charla e estivo presentada polo teniente-comandante do posto principal Baiona-Nigrán, Diego de la Puente, o xefe da Policía Local de Nigrán, Teodoro de la Peña, e o alcalde de Nigrán, Juan González

Os asistentes recibiron consellos prácticos para que incorporen ao seu día a día e previr así posibles delitos de estafas por internet, sustracións pola rúa, identificación das claves das tarxetas no caixeiro… As persoas maiores son unha poboación especialmente vulnerable, xa que os delicuentes aproveitan as súas condicións psicofísicas para actuar, polo que esta charla resultou especialmente interesante para evitar determinadas situacións que se poden producir no domicilio, por internet ou na rúa.

Publicacións Relacionadas