HomeVigoNigránO concello de Nigrán entrega o seu tradicional aguinaldo aos diferentes grupos...

O concello de Nigrán entrega o seu tradicional aguinaldo aos diferentes grupos de voluntariado

- Anuncio -spot_img

Agasalláronse con cestas de Nadal á quincena de persoas que traballan desinteresadamente durante todo o ano no Roupeiro Municipal, Banco de Xoguetes, Banco de Alimentos, no control de colonias felinas e no exterminio de velutinas

O alcalde de Nigrán, Juan González, acompañado de diferentes concelleiras, entregou a semana pasada o tradicional aguinaldo ao voluntariado que colabora durante todo o ano con diferentes iniciativas sociais do Concello. Concretamente, achegáronse cestas de Nadal á quincena de persoas que traballan desinteresadamente no Roupeiro Municipal, Banco de Xoguetes Municipal, Banco de Alimentos Municipal, no control de colonias felinas, no exterminio de velutinas, e ofrecendo clases de informática gratuítas a maiores.

“Estamos moi agradecidos a estas persoas, a gran maioría mulleres, porque sen elas estas iniciativas que tanto nos enorgullecen non poderían funcionar e porque traballan en aspectos sociais que, precisamente, nos diferencian de outros municipios”, expresou o rexedor, quen lles encomiou polo seu traballo e por contribuír a construír un Nigrán “humano, sensible, solidario e empático”.

Publicacións Relacionadas