HomeVigoNigránO concello de Nigrán estrea a cociña escolar municipal do CEIP Humberto...

O concello de Nigrán estrea a cociña escolar municipal do CEIP Humberto Juanes con oito obradoiros de receitas de Nadal

- Anuncio -spot_img

Tres deles están dirixidos a calquera persoa empadroada en Nigrán maior de 15 anos e os outros cinco a crianzas a partir de 8 anos. Todos os de novembro abren este sábado o prazo de inscrición a través do formulario web www.nigran.es

“A organización dos obradoiros é un recordatorio á Xunta de que estamos agardando para que autoricen ao catering a cociñar aquí”, recoñece o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán ofrece a partir do venres 18 de novembro e ata o domingo 11 de decembro un total de 8 obradoiros de receitas de Nadal para adultos e infancia na nova cociña escolar municipal do CEIP Humberto Juanes, instalación construída polo Concello cun custe de preto de 400.000 € e lista xa para ser empregada.

Estos obradoiros están dirixidos só a persoas empadroadas no municipio e os impartiá Chupipostres empregando para eles produtos adquiridos no pequeno comercio de Nigrán. Todos os asistentes levarán a receita e o seu para casa para poder degustala. Por unha banda o Concello ofrece tres obradoiros diferentes para adultos (a partir de 15 anos de idade) os días 18, 19 e 20 de Novembro, en horario de 18:00 a 20:30 horas e, por outra, cinco diferentes para crianzas (de 8 a 14 anos) os días 19 e 20 de Novembro de 16:00 a 17:30 horas e os días 9, 10 e 11 de decembro de 17:30 a 19:00 horas. O grupo infantil estará formado por un máximo de 10 nenos e o de adultos por un máximo de 15 persoas. O periodo de inscrición para todos os obradoiros de novembro abre mañá sábado a través dun formulario web en www.nigran.es onde se especifica cada obradoiro e os de decembro abrirán o prazo o día 1. O Concello comprobará se o solicitante está realmente censado en Nigrán e cumpre coa edade esixida, anunlándose a praza se non se corresponde.

“A organización dos obradoiros é un recordatorio á Xunta de que estamos agardando para que autoricen ao catering a cociñar aquí”, recoñece o alcalde, Juan González.

ADULTOS

18 de Novembro – Canapés e entrantes Navideños

19 de Novembro – Doces de Nadal

20 de Novembro – Batch Cooking entre festas

INFANCIA

19 de Novembro – Decoración galletas Navideñas.

20 de Novembro – Doces tradicionais

9 de Decembro – Decoración galletas Navideñas

10 de Decembro – Canapes divertidos

11 de Decembro – Pizzas e piruletas salgadas

Publicacións Relacionadas