Ao inicio do servizo acudiron autoridades da Policía Nacional xunto ao alcalde, o edil de Seguridade e o novo xefe da Policía Local de Nigrán
O Concello de Nigrán estreou este venres a unidade móbil da Policía Nacional que expide DNI e Pasaporte en só 10 minutos con María Rouco e a súa filla Puri como primeiras usuarias. Ambas marcharon para casa co DNI renovado na man. O alcalde de Nigrán, Juan González, acudíu a esta estrea xunto ao xefe de Coordinación Operativa Local da Comisaría de Vigo-Redondela, Luis Hombreiro, e a Secretaria Xeral de devandita comisaría, Esther Arén, acompañados tamén do edil de Seguridade, Rubén Rial; e Teodoro de la Peña, quen asumíu recentemente o cargo de xefe da Policía Local de Nigrán.
Estas unidades móbiles ‘Vidoc’, que comezaron a funcionar inicialmente nas localidades valencianas afectadas pola Dana, realizan en escasos minutos e dunha tacada os anteriores tres trámites (pegada dactilar, impresión en comisaría e data de entrega), evitando ao cidadán maiores desprazamentos.
A partir de agora estará dous días consecutivos ao mes na praza do Concello, incluíndose agosto por vez primeira e sendo as seguintes datas o 9 e 25 de xuño (sempre hai que pedir cita previa o primeiro día laborable do mes en cuestión no 986383929 de 8:30 a 14:00 horas).
“Estamos moi agradecidos porque, sen dúbida, é unha mellora importante ao incluír por vez primeira o pasaporte e reducir todos os trámites a un, o que aforra tempo e desprazamentos”, explica o alcalde, Juan González, quen traslada os seus parabéns ao persoal da Policía Nacional que se ocupa de achegar estes servizos a todas as poboacións sen sedes do devandito instituto armado.