HomeVigoNigránO concello de Nigrán estrea con "Graffiti" os campus creativos de verán...

O concello de Nigrán estrea con “Graffiti” os campus creativos de verán deseñados pola “Xeración Xa!”

- Anuncio -spot_img

O curso estivo dirixido polo grafitero miñorano coñecido como Seek Selff e continuarán a vindeira semana con barro

O Concello de Nigrán estreou esta semana con ‘Graffiti e deseño de camisetas personalizadas’ os campamentos creativos de verán escollidos polas crianzas de Nigrán a través do órgano municipal de participación infantil e xuvenil autonomeado como ”Xeración Xa!’. Deste xeito, unha ducia de cativos disfrutaron do luns ao xoves do curso impartido polo grafitero miñorano Seek Selff (Daniel Fernández) no Centro da Terceira Idade. A vindeira semana será ‘Introdución ao barro e creación libre’, con Nerea Vila (do 7 ao 10 de xullo); ‘Manga e cómic’, con Coral Martínez (do 14 ao 17 de xuño); ‘Alimentación, cociña e nutrición’, con Iria Otero e Ramón Moes; e, finalmente, ‘Guitarra’ con Gain Over. T todos son gratuítos, coas prazas xa completas (12), de luns a xoves e impartidos por profesionais da comarca.

A ‘Xeración Xa!’ apostou nas súas asambleas mensuais por organizar campus máis creativos ou artísticos que complementen aos deportivos que, tradicionalmente, xa ofrece o Concello xunto aos clubes do municipio.

“Aproveitando que a planta baixa do centro da terceira idade da Ramallosa está actualmente vacía e que é un sitio neurálxico, quixemos darlle este uso coa programación que eles mesmos deseñaron”, explica o alcalde, Juan González, quen subliña o orgullo que supón “contar cunha infancia e adolescencia comprometida e participativa que permite ao Concello deseñar de verdade as políticias culturais, sociais ou medioambientais que eles mesmo deciden, sen imposicións desde un punto de vista só adulto”, considera.

A ‘Xeración Xa!’, o consello de participación infantil creado polo Concello de Nigrán no ano 2021, está constituído por crianzas de diferentes centros educativos do municipio e reúnese durante o curso escolar mensualmente, destas asambleas xurden propostas que trasladan directamente ao goberno local, como foi o caso destes campamentos. Entre os seus integrantes está Cayetana Guede (IES Val Miñor) e Carmen Vázquez (CEIP Humberto Juanes), voceiras da infancia e da mocidade de Nigrán en toda Galicia ao representar ao Concello de Nigrán no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA), un espazo de diálogo e consulta que depende da Xunta de Galicia.

 Todo este traballo e outras iniciativas fixeron posible que o Concello de Nigrán fose recoñecido o ano pasado por Unicef como ‘Ciudad Amiga de la Infancia’, isto implica ter en conta dunha forma efectiva e medible as voces, necesidades e prioridades das crianzas a través das decisións políticas, como é este caso. “Desde o Concello de Nigrán estamos moi orgullosos de contar cunha mocidade comprometida e participativa que nos permite construír un municipio de verdade amigo da infancia. É a nosa obriga escoitar á infancia, eles non poden ser cidadáns de segunda polo feito de non votar”, reitera o alcalde, Juan González.

Publicacións Relacionadas