O concello de Nigrán estrea este luns o seu primeiro “Cafe en Igualdade” en “O Cafeciño” da Ramallosa

adminON
Lectura mínima de 1

O obxectivo é reflexionar sobre o amor románticoNon é necesario inscribirse previamente.

O Concello de Nigrán celebra este luns 24 de novembro ás 17:30 horas o seu primeiro ‘Café en Igualdade’ en ‘O Cafeciño’ de A Ramallosa como parte das súas actividades polo 25-N, ‘Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres’. Nesta primeira sesión, dirixida por María Montenegro, sexóloga con ampla experiencia en Igualdade, abordarase o mito do amor romántio co obxectivo de reflexionar e debatir entre todos os asistentes. Non é necesario inscribirse previamente.

Ao día seguinte, o propio martes 25 de novembro, terán lugar dous actos de especial relevancia, por unha banda, ás 12:00 horas a lectura dun manifesto a cargo do grupo ‘Xeración Xa’ (órgano de participación infantil e xuvenil do Concello de Nigrán) na Praza do Concello ás 12:00 h, e pola tarde, ás 17:00 horas no Salón de Plenos, será a constitución do Consello Municipal da Muller. Con esta convocatoria comezará a súa andaina este órgano plural e participativo de carácter consultivo, informativo e asesor que ten por finalidade promover a participación social da muller no desenvolvemento de políticas públicas. Ademais dos partidos políticos da Corporación Municipal, o integran asociacións do municipio que traballan a prol da igualdade.

Comparte este artigo