Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre...

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego Antonio Palacios

- Anuncio -

O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas obras cume

Ao programa de andainas de xullo suma en agosto dúas por Monteferro e outras dúas sobre a novela ‘A praia dos afogados’ de Domingo Villar e ‘A Niza galega’ en Praia América. En todas é preciso inscribirse previamente

O Concello de Nigrán estrea este sábado 27 de xullo un roteiro adicado ao célebre arquitecto galego Antonio Palacios, autor do Templo Votivo de Panxón, considerada unha das súas obras cume. O municipio continúa así coa conmemoración do 150 aniversario do seu nacemento no Porriño, xa que a inicios de ano o Concello editou o libro ‘O legado de Antonio Palacios en Nigrán’, do experto Álvaro Bonet, e un folleto turístico que presentou na pasada Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) e no que se basea esta andaina na que, como en todas as demáis, é preciso inscribirse previamente en oficinaturismo@nigran.org . A mesma repetirase o mércores 7 de agosto e sábado 24 de agosto.

“Palacios é a Madrid o que Gaudí a Barcelona; coa gran sorte de que en Nigrán contamos coa súa construción relixiosa máis importante, o Templo Votivo de Panxón, ademais dun chalé da súa autoría en Praia América. Moita xente de fora de Galicia que o admira o descoñece e nos interesa especialmente achegarnos a ese turismo de calidade e que a veciñanza valore este tesouro patrimonial”, reflexiona o rexedor, Juan González, quen aposta pr sumar esta nova actividade cultural e turística a roteiros tan consolidados e con tanto éxito como ‘A praia dos afogados’ por Panxón, baseado na novela homónima de Domingo Villar e pola que tamén apostamos en FITUR 2023.

Os asistentes ao roteiro recibirán este folleto, deseñado para poder levar cómodamente no peto, no que se ofrece información sobre o Templo Votivo, o chalé de Sileno en Praia América, e a igrexa de Santiago de Parada (neste caso para poder contrastala cos debuxos que realizou animado seguramente polo seu interese polo románico). Estas son as tres pegadas de Antonio Palacios en Nigrán.

Máis roteiros en agosto

No mes de agosto o Concello de Nigrán ofrece o día 3 o roteiro ‘A Niza galega’ por Praia América (10:00 horas), os días 10 e 21 sendos roteiros ‘Os segredos de Monteferro’ (10:00 e 17:00 horas respectivamente) e o 17 e 28 ‘A praia dos afogados’ por Panxón (10:00 horas). En todos os casos é imprescindible inscribirse previamente a través do mail oficinaturismo@nigran.org achegando nome, apelidos e teléfono de contacto. Para calquera información adicional está habilitado o número de teléfono 699859418 de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas. 

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas