Terá lugar do 3 ao 13 de maio no Auditorio Municipal
O Concello de Nigrán ofrece do 3 ao 13 de maio no Auditorio Municipal unha exposición fotográfica da man de Carlos Bañón e centrada exclusivamente no retrato de flores. Bañón, profesor xubilado de Física e Química no Politécnico de Vigo, é un veciño de Priegue amante da natureza, da fotografía e da lectura. As súas espectaculares imaxes de flores estiveron expostas varios anos consecutivos en Vigo, sendo esta ocasión a primeira na que debuta no seu municipio. O horario de visitas é todos os días de 10:00 a 12:00 horas e o propio autor estará presente para ofrecer información adicional ás persoas interesadas. A maiores, poderá visitarse en cada acto que se realice no Auditorio Municipal.