Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán estreará en marzo o primeiro servizo público de...

O concello de Nigrán estreará en marzo o primeiro servizo público de atención temperá para crianzas de 0 a 6 anos

- Anuncio -

Formará parte da Rede Galega de Atención Temperá baixo a dirección da Asociación La Esperanza del Valle Miñor e estará operativo na antiga ‘Escola de Nenas’ do Ceán, dispondo dun fisioterapeura, un logopeda e un psicólogo

Actualmente as familias teñen que desprazarse cos seus fillos ata Vigo para recibir o servizo na Clínica San Rafael, onde hai lista de agarda

“Recibimos unha subvención de aquí a finais de 2024 pero o noso obxectivo é mantelo permanentemente como un piar da nosa política ‘Un Nigrán para todos'”, explica o alcalde, Juan González

“Era unha demanda de moitas familias, educadores e sanitarios e unha prioridade para o Departamento de Servizos Sociais de Nigrán, así que a satisfacción é máxima”, recoñece.

O Concello de Nigrán incorporará en marzo por vez primeira no municipio o ‘Servizo de Atención Temperá’ público dirixido a crianzas de 0 a 6 anos con algún trastorno transitorio ou permanente no seu desenvolvemento ou en risco de padecelo. Este estará dirixido pola Asociación La Esperazanza del Valle Miñor (empresa resultante da adxudicación e xestora do CEE Juan María ) e ubicarase na antiga Escola de Nenas do Ceán (local municipal sede da entidade veciñal Dunas e cuxos usuarios, xenerosamente, autorizan a empregar). O servizo contará cun logopeda, un fisioterapeuta e un psicólogo e pasará a formar parte da Rede Galega de Atención Temperá sendo cofinanciado ata finais de 2024 polo programa FSE+Galicia 2021-2027 con 182.604 €. A súa presencia en Nigrán permitirá dar verdadeira resposta ás necesidades das familias do municipio, xa que deixarán de ter que desprazarse ata Vigo, onde a Consellería de Sanidade o ofrece a través da Clínica San Rafael, tendo lista de agarda.

“Recibimos unha subvención de aquí a finais de 2024 pero o noso obxectivo é mantelo permanentemente como un piar da nosa política ‘Un Nigrán para todos'”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que desde o Concello traballan a contrarreloxo para “axeitar o local á nova función”, correspondéndolle á empresa adxudicataria dotalo do mobiliario indicado. “Era unha demanda de moitas familias, educadores e sanitarios e unha prioridade para o Departamento de Servizos Sociais de Nigrán, así que a satisfacción é máxima”, recoñece.

Tal e como se solicitou desde o Concello, o servizo contará cun fisioterapeura a media xornada e un logopeda e un psicólogo a xornada completa que ofrecerán o servizo de 7:30 a 15:30 horas e catro tardes á semana un mínimo de 4 horas. A maiores, a Asociación La Esperanza del Valle Miñor ofrece como mellora ás instalacións do CEE Juan María en Parada, como poderían ser a piscina terapéutica, a sala de psicomotricidade ou a de estimulación. En calquera caso, os pacientes serán derivados a través dos centros de saúde de Nigrán (pediatría), onde os centros educativos ou ben os propios servizos sociais do Concello tamén poderán recurrir para a petición de diagnóstico, sendo fundamental o seu traballo para a detección precoz dos trastornos ou do risco de padecelos.

Entre os casos con alta probabilidade de precisar deste servizo están as crianza con gran prematuridade, dano cerebral, parálises, trastornos do espectro autista, TDAH, trastornos de conducta ou emocionais, sordeira, cegueira, anomalías conxénitas do cerebro… Isto xeralmente implica un retraso no desenvolvemento xeral, da motricidade fina ou grosa, do sistema cognitivo, da linguaxe… Noutros casos, a crianza que o precisa se atopa nunha situación de vulnerabilidade evolutiva debido a factores de risco biolóxicos, psicolóxicos ou sociais, e, por tanto, con alta probabilidade de desenvolver un trastorno ou retraso no desenvolvemento de non mediar unha intervención temperá. Polo tanto, ditas actuacións non van dirixidas únicamente aos nenos que padecen algún déficit físico, psíquico ou sensorial, senón tamén aos que poden presentar problemas madurativos ou de adaptación (coñecidos como nenos de alto risco) e aos nenos sen unha patoloxía evidente.

O obxectivo é que o Servizo de Atención Temperá deseñe de xeito multidisciplinar sesións individualizadas que permitan potenciar a capacidade de desenvolvemento e de benestar destes pequenos e das súas familias. “Hoxe en día non cabe dúbida que a detención precoz na primeira infancia é fundamental para mellorar infinidade de aspectos na vida das persoas, por iso o consideramos básico para o Nigrán que estamos a construír”, resume o alcalde.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas