Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán fai historia ao coroar en Patos aos novos...

O concello de Nigrán fai historia ao coroar en Patos aos novos vencedores do Campionato de España de Surf Adaptado

- Anuncio -

Ibon Gurrutxaga, Xabier Ayestarán, Audrey Pascual, Marcos Tapia, Sarah Almagro, María Martín Saraiba, Carlos Dopico, Aitor Francesena, Ander Goenaga, Carmen López e Celia Gramse conquistan o cetro nacional nas súas respectivas modalidades

O Concello de Nigrán propuxo xa ás federacións galega e española acoller a seguinte edición. “Foi unha fin de semana emocionante, con decenas de deportistas entusiasmados e que nos deron a todos unha lección de vida e de superación”, destaca o alcalde, Juan González

A praia de Patos, no concello galego de Nigrán, converteuse este pasado sábado 25 de setembro na festa da inclusión, deportividade e competición ao albergar a súa primeira edición do Campionato de España de Surf Adaptado (o internacional, previsto para o domingo, trasladouse a Portugal #ante a falta de ondas). O evento, cunha das participacións máis altas da súa historia, deixou como novos campións nas súas respectivas categorías a: Ibon Gurrutxaga, Xabier Ayestarán, Audrey Pascual, Marcos Tapia, Sarah Almagro, María Martín Saraiba, Carlos Dopico, Aitor Francesena, Ander Goenaga, Carmen López e Celia Gramse.

“Foi unha fin de semana emocionante, con decenas de deportistas entusiasmados e que nos deron a todos unha lección de vida e de superación”, destaca o alcalde de Nigrán, Juan González, quen avanza que propuxo xa á Federación Española e Galega de Surf que Patos volva ser sede en 2022 do campionato galego, nacional e internacional. “Somos un concello coñecido en Galicia polo surf e en toda España polas nosas políticas de inclusión levadas a cabo grazas ao equipo interdisciplinar ‘Un Nigrán para todos’, por iso non pode haber maior orgullo para esta localidade que acoller este campionato e que sexamos un referente tamén de deporte e inclusión e, en concreto, de surf adaptado”.

“Estamos moi contentos co campionato, acompañounos o sol, víronse unha chea de caras novas na auga, un gran nivel dos competidores e unha numerosa afluencia de público. A verdade, mellor imposible!”, resumía Román Díez, presidente da Federación Galega de Surf, evento que promoveron xunto a Quenlla Surf Clube, Federación Española de Surf, Xunta e Concello de Nigrán como parte do seu programa de accesibilidade universal ‘Un Nigrán para todos’.

Como mostra un botón, o surf adaptado en España non para de crecer en número e en repercusión. Hai un ano o equipo español proclamábase campión do mundo e en escasos dous meses volverá a California a tratar de revalidar o título.

Dentro deste evento, o Concello ofreceu senllas charlas no IES Val Miñor e no Auditorio Municipal de Aitor Francesena ‘Gallo’, surfeiro invidente que revalió o título nacional en Patos (é tamén campión mundial). “As sensacións de surfear con vista e cego son completamente diferentes, estando cego é brutal, multiplícanse e énchenche, son satisfaccións diferentes porque agora tes que estar totalmente atento ao mar, ao que che está dicindo cada onda, é case a túa única referencia”, explica. “Deime conta de que non me mareaba, e a partir de aí empecei a practicar con táboas máis grandes e adaptadas á miña realidade, hoxe surfeo como calquera persoa sen discapacidade”. Aitor ‘Gallo’ ( Zarautz, 1970) é un pioneiro en moitos sentidos no mundo do surf: por abrir a primeira escola de surf do país en 1988 e ser o primeiro adestrador neste deporte tamén a nivel estatal (foi tamén seleccionador nacional) cando aínda conservaba a vista nun dos seus ollos, e despois, nunha segunda etapa da súa vida xa completamente cego, por alcanzar o campionato nacional, internacional e mundial de surf adaptado na categoría invidente.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas