HomeVigoNigránO concello de Nigrán felicita ao "Acorclub Nigrán" polo seu bronce na...

O concello de Nigrán felicita ao “Acorclub Nigrán” polo seu bronce na categoría alevín absoluta no Campionato Nacional en Sevilla

- Anuncio -spot_img

Dos cinco equipos, o galardoado hoxe foi o formado por Blanca García Pino (13 anos), Alexia Rajo Montenegro (13 anos) e Daniela Campos Losada (7 anos)

O alcalde de Nigrán, Juan González, trasmite os seus parabéns ao ‘Acro Club Nigrán’ pola súa clasificación no ‘Campeonato de España, Nacional Base y Open Internacional de Gimnasia Acrobática’ que se celebra estes días en Sevilla coa participación de preto de 800 deportistas de todo o país. O clube nigranés acudíu a este certame nacional con 14 nenas divididas en cinco equipos, acadando este mediodía o tercer posto o alevín absoluto formado por Blanca García Pino (13 anos), Alexia Rajo Montenegro (13 anos) e Daniela Campos Losada (7 anos).

“É un orgullo que estas nenas, auténticas deportistas de élite, leven o nome de Nigrán por toda España e sexan un referente”, subliña o rexedor, quen lles entregou antes de partir unha camisola co logo ‘Nigrán, Equilibrio Natural’ e quen louba o bo traballo do seu adestrador, Aaron Castro.

A aposta do Concello por este deporte é absoluta dado o gran interese que desperta entre a mocidade desde que primeiro se establecera como actividade extraescolar no CEIP Humberto Juanes e no 2016 se consolidase xa como clube, colaborando o Concello coa adquisición do tatami de competición de 200 metros cadrados e cun custe de 14.700 € para poder adestrar no colexio.

Esta nova cita en Sevilla destaca polo volume de participación e pola relevancia da competición, unha das máis importantes de todo o país nesta disciplina. Anterioremente participaron en Portugal na ‘Maia International Acro Cup’, o certame máis importante do mundo de ximnasia acrobática. Igualmente, o ‘Acro Club Nigrán’ ven de consolidar o seu liderazgo en Galicia ao subir ao podium con prácticamente todos os equipos no Campionato Galego Absoluto e na Copa Galicia Escolar.

A ximnasia acrobática, tamén coñecida como acrosport, é unha modalidade deportiva incluída na Federación Internacional de Deportes Acrobáticos (fundada en 1973) e forma parte da Federación Internacional de Ximnasia desde 1999. É unha disciplina na que existen distintas modalidades. O exercicio debe conter elementos acrobáticos e ximnásticos de flexibilidade, equilibrio, saltos e xiros, así como movementos en cooperación entre os compoñentes do grupo realizando figuras e pirámides corporais. En todo momento debe existir harmonía e coordinación nas accións realizadas polo grupo. Valórase a dificultade, a técnica e a dimensión artística.

Publicacións Relacionadas