HomeVigoNigránO concello de Nigrán garante a estabilidade dos conserxes dos colexios públicos...

O concello de Nigrán garante a estabilidade dos conserxes dos colexios públicos do municipio creando dúas novas prazas

- Anuncio -spot_img

O goberno aprobou a modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello co obxectivo de crear as dúas novas prazas que faltaban para o CEIP da Cruz e Carlos Casares

“Esta modificación da RPT é unha aposta pola ensinanza pública e, ao mesmo tempo, pola inclusión”, sinala o alcalde, en referencia a que unha das prazas se cubrirá pola quenda de discapacidade.

No mesmo pleno eliminouse a taxa de cobro do certificado de empadroamento

O goberno de Nigrán aprobou no pleno ordinario desta mañá con todos os votos a favor a modificación da ‘Relación de Postos de Traballo’ (RTP) e a súa plantilla orzamentaria co obxectivo de crear dúas novas prazas de conserxe. Este novo persoal funcionario outorgará desde o vindeiro curso estabilidade aos colexios CEIP da Cruz (Camos) e CEIP Carlos Casares (Vilariño), os dous únicos centros públicos que estaban sin un posto fixo de subalterno, a diferencia do CEIP Mallón e CEIP Humberto Juanes.

“Ata o de agora había conserxes neses dous colexios grazas a plans de emprego especiais que nos permitían conseguir persoal durante o curso escolar, pero con esta modificación queda garantida a cobertura sempre, non dependemos de nada, e quedan todos os colexios públicos nas mesmas condicións”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que unha destas prazas será ofertada pola quenda de discapacidade, tal e como o goberno plantexou a Mesa de Negociación do Concello seguindo a política municipal de inclusión ‘Un Nigrán para todos’. “Esta modificación da RPT é unha aposta pola ensinanza pública e, ao mesmo tempo, pola inclusión”, engade.

Adicionalmente, o goberno aprobou por unanimidade eliminar definitivamente a taxa de cobro dos certificados de empadroamento, “algo anacrónico que cumpría corrixir para situarnos na mesma liña que outros moitos concellos”, explica o rexedor. Para facelo posible, modificouse a ordenanza fiscal reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos.

Publicacións Relacionadas