Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán inicia as obras para renovar por completo a...

O concello de Nigrán inicia as obras para renovar por completo a zona de rodadura do paseo marítimo de Panxón

- Anuncio -

A obra, cun investimento de 122.332 € ao cargo do Plan Concellos 2020, consiste na substitución das lousas de pedra por unhas novas máis grosas e, polo tanto, resistentes ao tráfico rodado

“É un tramo que se atopaba nun estado calamitoso, provocando caídas contínuas de peóns, polo que tras anos e anos realizando parches damos unha solución definitiva a este problema”, explica o alcalde, quen lamenta as molestias dos primeiros días

O Concello de Nigrán iniciou onte as obras para acondicionar a zona de rodadura do paseo marítimo de Panxón cun investimento de 122.300 € a cargo do Plan Concellos 2020, o que revertirá nunha mellora da seguridade viaria e na propia imaxe da contorna. Os traballos, adxudicados a Construcciones Castro, terán unha duración aproximada de dous meses e consistirán básicamente na substitución do enlousado de pedra existente por outro de 15 cm de espesor (13x13x10 cm), un grosor que si o fai resistente ao tráfico rodado. A actuación comprende toda a zona de circulación (desde o entronque do paseo marítimo coa rúa Mariñeiro á Travesía Ciudad de Vigo, no encontro con Camiño do Regueiro). “Lamentamos as molestias destes primeiros días nos que hai que levantar o firme existente e pedimos paciencia, pero despois diso as obras se realizarán de xeito que non prexudiquen a residentes ou hostaleiros”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que “precisamente se optou por realizar as obras pasado o verán para causar un menor impacto posible”.

“É un tramo que se atopa nun estado calamitoso practicamente desde que se estreou hai décadas, provocando caídas contínuas de peóns e malestar veciñal, polo que tras anos e anos realizando parches optamos por dar solución definitiva a este problema mantendo unha estética acorde ao paraxe, polo que optamos por manter pedra en lugar de trocar a aglomerado. Ademais, esta zona é un dos principais escaparates de Nigrán e urxía xa revertir a imaxe negativa”, finaliza o rexedor.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas