A estrutura de 65 metros de longo discurrirá ao longo da rúa Damas Apostólicas e estará aberta de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas para crianzas a partir de 6 anos
Os participantes tan só deben acudir en bañador e recibirán un flotador por parte da organización para deslizarse sobre el.
O Concello de Nigrán ofrece este sábado 2 de Agosto unha das súas actividades estrelas deste mes para o público infantil e xuvenil: un megatobogán acuático de 65 metros de longo que discorrerá ao longo da rúa Damas Apostólicas (A Ramallosa) aproveitando a pendente desta estrada. A estrutura estará en funcionamento, de xeito totalmente gratuíto, de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, estando indicada para rapazada a partir dos 6 anos de idade. Os participantes tan só deben acudir en bañador e recibirán un flotador por parte da organización para deslizarse sobre el durante todo o percorrido.
“A rúa Damas Apostólicas transformarase durante un día no parque acuático de Nigrán para o goce do público máis pequeno”, explica o alcalde, Juan González, quen propón o sábado “un plan familiar na Ramallosa, de compras e diversión para os pequenos”.