HomeVigoNigránO concello de Nigrán invita á veciñanza a participar na concentración deste...

O concello de Nigrán invita á veciñanza a participar na concentración deste venres para esixir á Xunta que empregue a cociña escolar municipal

- Anuncio -spot_img

O Concello de Nigrán investíu preto de 400.000 € en habilitar una cociña no CEIP Humberto Juanes con capacidade para fornecer a todos os colexios de Nigrán mentras a Xunta non compromete a obrigatoriedade de que sexa usada polo catering

O Concello chama ás comunidades educativas do municipio a participar nunha concentración este venres na Praza do Concello baixo o lema #CociñaNaEscola

O Concello de Nigrán chama á veciñanza do municipio e, en especial ás diferentes comunidades educativas, a participar este venres 17 de febreiro ás 9:20 nunha concentración na Praza do Concello baixo o lema #CociñaNaEscola. O Concello de Nigrán investíu preto de 400.000 € en habilitar una cociña no CEIP Humberto Juanes con capacidade para fornecer a todos os colexios de Nigrán (e en disposición de empregarse hai xa 6 meses) mentras a Xunta non responde á petición oficial realizada en agosto para que obrigue ao catering a empregala. Ante esta circunstancia, o Concello secunda esta mobilización iniciada desde o CEIP Humberto Juanes e invita á participar nela co obxectivo de que os vindeiros plegos de licitación da Consellería de Educación (que se publicarán previsiblemente en marzo) inclúan unha cláusula obrigando á empresa adxudicataria a usar estas instalacións.

Publicacións Relacionadas